Esta ponte non haberá clases

Co galo das festividades nacionáis do día 6 de decembro (día da Constitución) e o día 8 (día da Inmaculada) o día 7 farase ponte.

Posted in Avisos | Deixe un comentario

O Samaín en Orballo

O vindeiro xoves, 1 de novembro, celebraremos a Festa do Samaín en Orballo, a partir das 18.00 horas no local social, sito na Avda. Da Coruña nº 16, 1ºandar.

Haberá xogos, sorteo de regalos e castañas asadas para todos os nen@s.

Disfrazádevos e traede a vosa cabaza decorada!!!!

Posted in Avisos | Deixe un comentario

ORBALLO baila para a Televisión Xaponesa en Pontedeume

A pasada semana ,a cadea de televisión Xaponesa Wow Wow púxose en contacto ca nosa asociación, ca finalidade de poder gravar o baile máis típico da nosa terra “a Muiñeira” , para o  seu programa de televisión “Railway Story”, no cal amósanse imaxes de viaxes en tren por todo o territorio Español.

Tras haber gravado por diferentes capitais Españolas, conquerimos que o equipo se  desplazara a  Pontedeume, para poder inmortalizar en imaxes, a beleza de la vila dos Andrade.

A gravación realizóuse o pasado venres 26 de Octubre, no Torreón dos  Andrade, onde gracias á colaboración do Excmo.Concello de Pontedeume,o equipo de televisión puido efectuar a gravación dende o alto da torre entre outras tomas realizadas.

O grupo de baile, acompañado dun quinteto de gaiteiros, bailou a “Muiñeira Montañesa” en repetidas ocasións, para dar xogo a que as cámaras de televisión non perderan detalle, nin dos pasos de baile, nin da música e os instrumentos.

Unha vez rematada a gravación, a Concelleira de Cultura Dª Ascensión de Vicente Olarte e o Alcalde de Pontedeume, D. Gabriel Torrente Piñeiro, recibiron a todo o equipo de televisión  en agradecemento a súa presenza na vila.

Dende a nosa asociación queremos agradecer ó Sr.Terumi Moriya , coordinador da Televisión Xaponesa, por ter contado con nós  para este programa e ó Concello de Pontedeume, pola boa predisposición e  axuda sempre que a precisamos, para levar o nome  de Orballo e Pontedeume  alá  a onde imos.

Posted in Xeral | Deixe un comentario

Orballo celebrou Asamblea Extraordinaria para nova Xunta Directiva

O pasado xoves día 11 de outubro, celebróuse  no Centro de Maiores de Pontedeume, a Asamblea Extraordinaria  de  A.F.C ORBALLO, convocada para elixir  unha nova Xunta Directiva. Tal e como se regula nos estatutos da Asociación, cada dous anos é necesario convocar eleccións para renovar  os cargos directivos da asociación. Segundo se estabelece nas normas, a  Xunta Directiva deberá estar formada dun mínimo de dez persoas e un máximo de catorce.

Aberta a sesión da asamblea, procedéuse a votación  da única candidatura existente, que por unanimidade dos presentes saliu elixida.

A candidatura está composta por persoas que na meirande parte formaban parte da Xunta Directiva cesante, e algún novos membros, e son as seguintes:

  • Presidente: Eduardo Mourelle Botana
  • Vicepresidenta: Concepción Curbeira Fonte
  • Secretaria: Natalia Martínez López
  • Tesoureira: Rosa Manteiga Presedo
  • Vogais:
    • Cristina Fraga Pena
    • Sonia Rodríguez Sanmartín
    • Laura Piñeiro Fraga
    • Roberto Fernández Piñeiro
    • Adolfo Seara Lamelas
    • Carlos Martínez López
    • Ignacio Balado Martínez
    • Xoan Espada Blanco

Só queda agradecer o traballo realizado a Laura Calaza e Ignacio Filgueiras que ao longo destes dous anos realizaron na asociación, e que por motivos persoais non poden continuar.

Posted in Asambleas | Deixe un comentario

On Saturday October 13 we Bank

O vindeiro 13 de octubro debido á festividade do Pilar faremos ponte.

Posted in Avisos | Deixe un comentario

Mañá día de San Miguel de Breamo non haberá clases

Mañá non haberá clases en Orballo debido ao día festivo  en conmemoración a San Miguel de Breamo

Disfrutade da romaría e vemonos o vindeiro venres

Posted in Avisos | Deixe un comentario

As cantareiras de Orballo con Coros e Danzas de Santander en Santiago de Compostela

P9153018

O pasado sábado 15 de Setembro, parte do grupo de cantareiras de Orballo, foron convidadas a cantar pola asociación de Coros e Danzas de Santander  en Santiago de Compostela, con motivo dunha voda.

O enlace celebróuse na Igrexa de San Francisco, e para sorpresa dos noivos, no momento da ofrenda, as cantareiras de Orballo interpretaban “Os cantos de Monzo”, mentres que compoñentes de Coros e Danzas de Santander facían a ofrenda.

O remata-la cerimonia, no adro da Igrexa, o grupo de Santander tiña preparada unha muiñeira que aprenderon  só para esta ocasión , na que as Cantareiras de Orballo acompañaron ca pandeireta.

Foi unha actuación distinta que tivo moi boa acollida, por eso dende o noso espazo queremos dar as grazas o Grupo de Santander por contar ca nosa asociación nesta iniciativa, que resultou sen dúbida , cando menos orixinal.

Más fotos pulsando aquí

Posted in Actuacións | 1 comentario

Actuación de A.F.C ORBALLO en el concurso de frutas de Pontedeume

IMG_7386 El domingo día 9 de septiembre, con motivo  de la celebración del Concurso de Frutas que cada año organiza el Excmo. Ayuntamiento de Pontedeume, dentro de la programación de las “Festas das Peras”, el grupo de cantareir@s de Orballo y un grupo de baile de la escuela actuaron en la Alameda de Raxoi, mientras el jurado del concurso deliberaba el fallo de los premiados.

Comenzó la actuación con el grupo de cantareir@s que una vez más interpretaron al son de las panderetas y  panderos , diversos ritmos tradicionales de Galicia. Acto seguido fué el turno del grupo de baile, que deleitaron al público con dos piezas, una muiñeira e una jota, acompañados por el cuarteto tradicional de gaiteiros de Orballo.

Acabada la actuación, varios miembros de la Corporación municipal y otros representantes hicieron  entrega de los regalos a todos los premiados.

Puedes ver la galería de fotos en http://www.orballo.org/?page_id=75&album=1&gallery=23

Posted in Actuacións | Deixe un comentario

Actuación do grupo de cantareir@s de Orballo nos xardíns de Méndez Nuñez na Coruña

IMG_6972 O pasado 22 de agosto o grupo de Cantareir@s de ORBALLO, actuaron nos Xardíns de Méndez Núñez de A Coruña, convidados polo Excmo. Concello de A Coruña. O acto que  estaba incluido no Programa de Festas Mª Pita 2012, comenzou ás 20.00 horas , e durante unha hora , o grupo tentou de facer un percorrido polos distintos ritmos tradicionais Galegos, interpretados con voces, pandeiretas, pandeiros e latas, facendo que o público disfrutase puidendo escoitar Muiñeiras, Pasodobles ,Jotas e ata un Canto de Ronda.

Posted in Xeral | Deixe un comentario

Orballo no XXV Festival Internacional do Folclore de Pontedeume

IMG_5454O pasado 3 de Agosto,tivo lugar na vila de Pontedeume o XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DO FOLCLORE DE PONTEDEUME, organizado pola Asociación Folclórica e Cultural Orballo.

O evento, situouse en esta edición na Praza de San Roque (Praza da Calzada).Como participantes, ademáis do grupo anfitrión, visitáronos grupos de Osmk (Siberia), Colima(Mexico) e Ronda (Málaga).

Pasadas as 19.30 horas comenzaba o desfile polas rúas da vila , pasando pola Praza Real, onde incorporáronse ó desfile, as parellas representantes de cada grupo, que foron recibidos no Concello de Pontedeume, pola corporación municipal.

Chegados o lugar do evento e pasadas as nove da noite, comenzou o Festival, onde cada un dos grupos participantes puido demostrar a súa destreza nos cantos e bailes tradicionais de cada país.

Para finalizar, realizóuse unha entrega de agasallos para que puideran ter un recordo do seu paso pola Vila de Pontedeume e polo Festival Internacional do Folclore de Pontedeume.

Podes ver a reportaxe fotográfica en http://www.orballo.org/?page_id=78&album=5&gallery=21&lang=gl

Posted in Xeral | Deixe un comentario