O pasado Sábado 21 de Xullo, dous grupos da Escola da Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO, participaron na XXIV Xuntanza Folclórica organizada pola Asociación Airiños do Frade, de San Martín, Cabanas.
O evento comenzou ás 18.00 horas, e chegado o turno de ORBALLO, os Grupos da Escola acompañados polos gaiteiros, interpretaron catro danzas.
O finalizar o acto, houbo unha entrega de agasallos por mor da participación no Festival para cada Asociación participante.



O pasado Venres 25 de Maio, un grupo de baile da Escola de A.F.C. ORBALLO actuou na Gardería Municipal de Pontedeume.
O próximo 3 de Xuño do 2.012, a Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO (Pontedeume), celebrará o “XXIX Día da Muiñeira”.
O próximo Xoves día 17 de Maio , con gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado a Valentín Paz Andrade; dous grupos da Escola de Baile de A.F.C ORBALLO, actuarán na Praza Real de Pontedeume . O acto organizado pola biblioteca municipal do Concello de Pontedeume, ten previsto comezar ás 13.00 horas. 
Como cada ano, o día primeiro de Maio, na vila de Pontedeume, celébrase o tradicional Concurso de Maios. Todos os anos nesta exaltación da cultura tradicional Galega, a nosa asociación participa presentando dúas figuras de Maio tradicional, os cales son elaborados polos