29 de abril “Día Internacional da Danza”

O día 29 de Abril celebrase a nivel mundial o Día Internacional da Danza. Dende A.F.C. ORBALLO transmitimovos a mensaxe oficial que o “Consejo Internacional de la Danza de la UNESCO” remite cada ano,para ser lido en toda-las celebracións e conmemoracións:

Continue reading

Posted in Xeral | Deixe un comentario

A Asamblea anual 2013 de FACYDE será en Pontedeume

Onte ás 19:10 da tarde, dende Cádiz, o noso compañeiro Carlos Martínez confirmounos que A.F.C. Orballo foi elexida por unanimidade como organizadora da Asamblea Anual de FACYDE para o ano 2013.

Queremos agradecer á Xunta Directiva da Federación e ás Asociacións Membro o apoio mostrado en prol da elección.

Posted in Xeral | 1 comentario

Mostra sobre o traxe de Muros

O labor de recollida de campo e estudo sobre a indumentaria da vila de Muros, realizado polo Grupo Etnográfico das Mariñas, achégase ao público do 19 de abril ao 3 de xuño de 2012  a través desta mostra que intenta amosar todo o esplendor do traxe tradicional dunha área que, a través da literatura, chegou a se converter en paradigma do traxe galego.

Máis información en http://www.museodopobo.es/exposicion.php?idexpo=167

Posted in Xeral | Deixe un comentario

Asamblea Xeral Anual

Mañá día 18 de Abril ás 20.00 en primeira convocatoria e ás 20.30 na segunda convocatoria, celebrarase a Asamblea Anual do ano 2012 da asociación, no Centro de Maiores de Pontedeume, sito na Avda. Da Coruña nº 16 -Baixo.

Posted in Asambleas | Comentarios desactivados

Gañadora da Cesta de Entroido

O pasado  6 de Marzo de 2012, fíxose entrega da Cesta de Entroido sorteada 2 20 de Febreiro.

O gañador sería a rifa que coincidira  cas tres derradeiras cifras do sorteo do cupón da ONCE. A afortunada foi  Montse García Martínez, e o número agraciado foi  o 352. 

A cesta foi entregada pola nosa compañeira de Xunta Directiva Cristina Fraga no GADIS de Pontedeume.

Só nos queda dar a noraboa á gañadora e o noso agradecemento por cederno-la sua imaxe.

PARABENS!!!!!!!

Posted in Sorteos | Deixe un comentario

2011 Os Maios en Pontedeume

Sintome orgulloso de presidir esta Asociación e do meu equipo de traballo, pero sobre todo, ORGULLOSO destes ” NENOS/AS”. Xa que todos os venres e sábados pequenos, medianos e maiores veñen á nosa Asociación para poder aprender o noso FOLCLORE e CULTURA, pondo moito esforzo e horas de ensaio para que ao final o resultado sexa como o desta tarde:

PRIMEIRO PREMIO nos *MAIOS 2.011, polo *Maio, a canción e o saber estar nun escenario.

Este resultado é debido ao esforzo que fan todas as semanas eles e os seus profesores para tentar levar moi alto o nome da nosa Asociación e o nome de Pontedeume.

Me siento orgulloso de presidir esta Asociación y de mi equipo de trabajo, pero sobre todo, ORGULLOSO de estos ” NIÑOS/AS”. Ya que todos los viernes y sábados pequeños, medianos y mayores vienen a nuestra Asociación para poder aprender nuestro FOLKLORE y CULTURA, poniendo mucho esfuerzo y horas de ensayo para que al final el resultado sea como el de esta tarde:
PRIMER PREMIO en los MAIOS 2.011, por el Maio, la canción y el saber estar en un escenario.
Este resultado es debido al esfuerzo que hacen todas las semanas ellos y sus profesores para intentar llevar muy alto el nombre de nuestra Asociación y el nombre de Pontedeume. Continue reading

Posted in Actuacións | Deixe un comentario

Dona Manuela Lamas Vázquez gaña a Cesta do Entroido

A Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO, fai entrega a Dona Manuela Lamas Vázquez da Cesta de Entroido, sorteada o 4 de Marzo de 2.011, cas tres últimas cifras do cupón da O.N.C.E. O número agraciado foi o 962. Continue reading

Posted in Xeral | Deixe un comentario

Benvid@s ó novo sitio web da Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO

Dende este novo espazo, a AFC ORBALLO queremos trasladar a toda a veciñanza eumesa e especialmente aos nosos socios e socias, as actividades que desenvolva a nosa Asociación.

Ademáis, este espazo servirá de punto de comunicación entre @s internautas interesad@s pola danza e música tradicional, así como as actividades culturais para promocionar os recursos etnográficos que posúe a nosa historia folclórica.

Moitas grazas, por visitarnos de cando en vez, e tentaremos que este novo espazo sexa do teu interese.

Un saúdo.

A Xunta Directiva.

Posted in Xeral | Deixe un comentario