ORBALLO galardoado co PIOLET DE OURO no FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE ZAKOPANE (POLONIA)

14064156_1152874768088972_964911001699119565_n

A asociación folclórica de Pontedeume logra a máxima distinción, o Piolet de ouro, do prestixioso festival de Zakopane coa nota máis alta en 48 anos

A agrupación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume foi a gañadora do Festival Internacional Folk de Zakopane que se celebra cada ano dende 1962 na localidade polaca e que é un dos máis importantes do seu ámbito en Europa.

O medio centenar de integrantes da agrupación folclórica eumesa, cuxa viaxe a terras polacas foi sufragado pola Deputación da Coruña, recibiron con inmensa ledicia a nova, tras varios días de actuacións na localidade, nos que competiron polo Piolet de Ouro, un dos premios máis prestixiosos do panorama folk europeo, con agrupacións de países como Estados Unidos, Indonesia, Eslovaquia, Bulgaria, Hungría, Italia, Noruega ou Romanía.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a vicepresidenta e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín e o deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, fixeron chegar esta mañá as súas felicitacións á entidade eumesa polo seu gran traballo, recoñecido agora cun dos premios máis importantes do folk europeo.

Pola súa banda, o presidente da entidade, Eduardo Mourelle, que esta mañá participou xunto cos integrantes do grupo floclórico nunha recepción oficial no Concello de Zakopane, expresou a súa “inmensa satisfacción levar o nome de Pontedeume por Europa e porque unha agrupación pequena como a nosa sexa a gañadora dun certame desta importancia” e agradeceu o apoio da Deputación para “facelo posible”.

“É un gran recoñecemento, que nos enorgullece e estimula aos nosos rapaces para seguir traballando”, afirmou Mourelle, que lembrou que o grupo obtivo a máxima puntuación por parte dos nove membros do xurado nun certame que non contaba con participación española dende hai case tres décadas.

 

Posted in Actuacións, Xeral | Deixe un comentario

XXIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE PONTEDEUME

internacionakl 2016

Posted in Actuacións, Festival Internacional | Deixe un comentario

Letras Galegas 2016

Convidados polo Concello de Pontedeume, un ano máis AFC ORBALLO ofreceu unha demostración de baile e música na Praza Real de Pontedeume para celebrar o Dia das Letras Galegas que este ano adicábase ao poeta Galego Manuel María.

letras galegas 2016

 

Posted in Actuacións | Deixe un comentario

ASAMBLEA Anual de FACYDE (Federación de Asociaciones y Coros y Danzas de España) 15 -17 DE ABRIL 2016.

Unha representación de ORBALLO asistirá en Garachico (Tenerife) á Asamblea Anual de FACYDE os vindeiros días 15 e 16 de abril. Trátase dun encontro entre representantes das asociacións máis destacadas do panorama nacional do Folclore onde se tratan temas de obrigado cumprimento e respeto en canto a tradicións culturais se refire.

Un intercambio de impresións que axuda a crecer a todas as asociacións que pertencen á mesma. Un xeito común de SENTIR E RESPETAR o FOLCLORE!!!!

UNHA OPORTUNIDADE MÁIS DE LEVAR O NOME DE PONTEDEUME POLO MUNDO!!!

12431766_10208466078866569_911385250_n

Posted in Asambleas | Deixe un comentario

NOVAS CLASES DE ACORDEÓN EN ORBALLO

acordeon clases

Máis información e incripcións no 669 751 832 ou enviando un mail a orballo@orballo.org

Posted in Xeral | Deixe un comentario

I XORNADA GASTRONÓMICA :: ASTURIAS

asturias

Posted in Actividades lúdicas | Deixe un comentario

ORBALLO informa….

- As clases de baile e pandeireta rematan os días 26 e 27 de Xuño.

– As clases de gaita rematan o luns 29 de Xuño.

Comunicaremos ca debida antelación os ensaios extras que foran necesarios para as actuacións correspondentes a este verán. Os ensaios do grupo de adultos e xuvenil despois desa data, serán estabelecidos dacordo co director do grupo.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN E QUE TEÑADES UN BO VERÁN!!!

 
PECHE CLASES 2015
Posted in Avisos | Deixe un comentario

XXVIII FESTIVAL INTERNACIONAL DO FOLCLORE :: PONTEDEUME 2015

ORBALLO INTERNACIONAL 2015

Posted in Actuacións, Festival Internacional | Deixe un comentario

XXXII DÍA DA MUIÑEIRA

Exaltación do baile máis tradicional de Galicia : A Muiñeira.

Se formas parte dunha asociación ou colectivo de baile tradicional e queres que o teu grupo participe, escríbenos a orballo@orballo.org e informámoste.

Se che gusta o baile tradicional, non o podes perder!!!! Esperámoste o vindeiro 31 de Maio no paseo marítimo de Pontedeume.

muiñeira 2015

Posted in Actuacións, Avisos | Deixe un comentario

ORBALLO fai as maletas para levar os seus bailes a Madeira

Esta é a nova que nos adica hoxe o suplemento de LA VOZ DE GALICIA:

voz de galicia

Posted in Actuacións, Xeral | Deixe un comentario