Nado na cidade de A Coruña no ano 1967, comenza a súa relación co folclore no ano 1975 formando parte da Agrupación infantil “OS GAITEiRIÑOS” do barrio de A Gaiteira de esa cidade.
Con esta agrupación infantil recibe formación en baile(Estrella Vieites Furelos) ,música tradicional(gaita) , Coro(Xosé Casal Vázquez) ,e teatro(Xosé Redondo Santos), acadando diversos primeiros premios nos concursos de baile ; 1º premio nacional de teatro infantil en Madrid, ca obra “O rei, o dictador e os páxaros”, e participa an zarzuelas e longametraxes en Galego.
No ano 1983, intégrase na Asociación de Coros e Danzas de A Coruña, na que segue a súa formación a cargo da directora Estrella Vieites. Con esta asociación participa en festivais nacionais e internacionais acadando entre outros , como membro do grupo “o piolet de ouro” no Festival Internacional das rexiones montañosas en Zakopane(Polonia) e o premio especial do Xurado no Festival internacional de Kaunas en Lituania.
Dende o mesmo ano 1983, comenza a súa andaina como mestre de baile tradicional , impartindo formación en diversos grupos e asociacións:
-Asociación “Pasiño a Pasiño” de Betanzos.
-Grupo “Brétema” de Guísamo.
-Asociación Cultural Sta. María de Torás-Laracha
-Asociación cultural e recreativa de Coristanco.
-Colexio público “Raquel Camacho”-A Coruña.
-Agrupación folclórica “Os Gaiteiriños”-A Coruña.
-Escola de baile da Asociación de Coros e Danzas de A Coruña.
A súa experiencia como mestre de baile en estas entidades, se trasladará tamén ós cursos impartidos como monitor de baile tradicional en diversos Concellos da Provincia (Mesía, Frades, Dodro…etc) baixo o convenio asinado pola Deputación Provincial de A Coruña para levar o baile tradicional a todos os Concellos da provincia.
Traballou como monitor de baile nos Centros Galegos de Suiza, en Xenebra e Basilea, contratado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia ,para o apoio da cultura das comunidades Galegas no exterior.
Todo este traballo, lévao a coller a dirección artística da Asociación de Coros e Danzas de A Coruña no ano 1997, tras recoller a testemuña da directora anterior, ademáis de formar parte da xunta directiva e traballar como responsable na organización do Festival Internacional de folclore “Cidade de a Coruña”. Nesta etapa , foi membro en calidade de vogal, da xunta directiva da Federación de coros e Danzas de España (FACYDE).
Cabe salientar a súa participación en diversos traballos editados e grabados ó longo da súa traxectoria artística:
-Disco “Danza do Galo”(1980).Da agrupación infantil “Os Gaiteiriños”
-Disco “Villancicos Populares”.Da Rondalla xuvenil San Rosendo e Os Gaiteiriños.
-Disco “A Pulguiña e o Pulgón”. Cancións infantís en Galego.
-Actuación no programa infantil “Dabadabada” de Torrebruno, representando a obra “O rei, o dictador e os paxaros” na Televisión Española en Madrid.
-Zarzuela en Galego “A represa e o río”.
-Longametraxe en Galego “Malapata”.
-Discos editados por FACYDE:
-“Sotares” Antología de la música popular española.
-“Canciones del campo”.
-“Villancicos y aguinaldos”.
Na actualidade dirixe a agrupación folclórica e cultural “ORBALLO” de Pontedeume, facéndose cargo da dirección artística do grupo de baile, así coma das Escolas infantís e xuvenís da Asociación, e é membro vogal da Xunta directiva, desempeñando o papel de coordinador de música e danza.