Natalia Martínez López

Nada na cidade de A Coruña no ano 1975, comenza a súa relación co Folclore Tradicional Galego apenas cumpridos os catro anos de idade formando parte da Agrupación infantil “OS GAITEIRIÑOS” do barrio de A Gaiteira de esa cidade.

Con esta agrupación infantil recibe formación en baile(Estrella Vieites Furelos) e música tradicional (Pandeireta), canto coral (Xosé Casal Vázquez)e teatro(Xosé Redondo Santos), acadando diversos premios nos concursos de teatro organizados por entonces por Caixa Galicia.Cando contaba con 10 anos, foi escollida de entre os membros de esta agrupación, para participar nun festival internacional e levar o legado da cultura tradicional galega ata o outro lado do atlántico, en CARACAS (VENEZUELA),convidados polo Centro Galego de Caracas; actuando na televisión venezolana entre outros lugares do país(Maracaibo, Valencia…etc)

No ano 1987, intégrase na Asociación de Coros e Danzas de A Coruña, na que segue a súa formación a cargo da directora Estrella Vieites e posteriormente da mán de Carlos Martínez. Con esta asociación participa en festivais nacionais e internacionais acadando entre outros , como membro do grupo o premio especial do Xurado no Festival Internacional de Kaunas en Lituania. Foi membro da xunta directiva en calidade de vogal.

Dende o ano 1993, comenza a súa andaina como mestra de baile , pandeireta e canto tradicional, impartindo formación en diversos grupos e asociacións

-Asociación cultural e recreativa de Coristanco.

-Agrupación folclórica “Os Gaiteiriños”-A Coruña.

-Escola de baile da Asociación de Coros e Danzas de A Coruña.

Cabe salientar a súa participación en diversos traballos editados e grabados ó longo da súa traxectoria artística:

- Disco “Canta punteiriño”(1987).Da agrupación infantil “Os Gaiteiriños”

Discos editados por FACYDE:

-“Sotares” Antología de la música popular española.

-“Canciones del campo”.

-“Villancicos y aguinaldos”.

Na actualidade intégrase na Agrupación Folclórica e Cultural “ORBALLO” de Pontedeume, facéndose cargo das clases de pandeireta e canto tradicional das Escolas infantís e xuvenís da Asociación, e é membro da Xunta directiva en calidade de Secretaria da Asociación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.