Festa dos Maios

ORIGEN

Para exaltar aos espíritos que a superstición supoñía na naturaleza(montañas, plantas, ríos etc.), algúns pobos recorrían a unha especie de cerimonias relixiosas, creando auténticos rituais que constitúen unha das tradicións máis interesantes da historia das crenzas populares.

Os colectivos agrícolas, nos que a súa vida dependía case por completo dunha boa colleita e dunha ordenada reprodución dos fenómenos naturais, estableceron nos momentos máis críticos da vida vexetal ( Semente, floración e recolección), un ritual, coa finalidade de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, así como augurar unha boa colleita, afastando das súas terras todo tipo de fenómenos que puidesen danalas: pragas de animais, chuvias torrenciais, tormentas, e ata os seres maléficos ( as meigas) etc…

A orixe destes rituais non se presenta moi clara, mentres algúns historiadores o sitúan no Paleolítico ou no Neolítico, outros sosteñen que proceden do culto que o mundo Greco-Romano ofrecía ás súas divindades Campestres: Flora( 28 de Abril),Maia(1 de Maio)…..

En calquera caso, a antigüidade destes rituais queda constatada polo feito de ser prohibidas nos primeiros anos do cristianismo

PROHIBICIÓNS 

Un claro exemplo das prohibicións en Galicia, recóllese nos datos históricos de que na Celebración do Concilio de Lugo, no século VIII se prohibiu todo este tipo de rituais populares considerados como contrarios ao cristianismo. Posteriormente, no século XVIII, o cabido compostelán acorda prohibir a entrada á Catedral aos “Mayos”, co pretexto de que as súas cancións e as súas danzas eran indecentes.

MANIFESTACIÓNS

En Galicia existían e existen numerosos rituais encamiñados na súa maioría a conseguir abundancia de froitos e festexar a chegada da primavera, aínda que hoxe en día xa non conservan o mesmo significado.Así por exemplo:

  • A bendición dos campos: en moitas bisbarras de Galicia e en particular as próximas a Santiago de Compostela é costume cravar nos campos un ramo de loureiro ou oliveira bendita o domingo de Ramos. En substitución deste ritual, noutras zonas bendicen a semente antes de plantala.
  • Os Maios: Sen lugar a dúbidas, son a manifestación máis vistosa de todas as celebracións nos primeiros días do mes de Maio e tamén a que goza de máis popularidade. Ata o S.XII, estendíase por toda Galicia, aínda que actualmente a súa área quedase máis reducida. Existen dúas variedades de “maios”; aqueles nos que é representado por un neno, e aqueles nos que o Maio é representado por unha figura de follas e flores, típico da zona sur de Galicia.

A estrutura do Maio é de forma cónica, está feita con vimbio, cuberta de fentos ou fiunchos, hedras, flores, laranxas ,cáscaras de ovo…etc que se utiliza para adornar a figura.

Os maios máis famosos son os de Pontevedra e Ourense. Tamén se celebran noutras zonas de Galicia: Marín, Vilagarcia de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz….etc.

Bibliografía: Gran Enciclopedia Galega.

One comment on “Festa dos Maios

  1. Pingback: Orballo y la fiesta de los Mayos | Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO