17 de maio, Día das Letras Galegas

O próximo Xoves día 17 de Maio , con gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado  a  Valentín Paz Andrade; dous grupos da Escola de Baile de A.F.C ORBALLO, actuarán na Praza Real de Pontedeume . O acto organizado pola biblioteca municipal do Concello de Pontedeume, ten previsto comezar ás 13.00 horas.

Valentín Paz Andrade

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivera marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.

Valentín Paz-Andrade pertence, por cronoloxía e afáns, ao grupo novecentista, tamén denominado Xeración de 1925, un conxunto de poetas nados arredor do ano 1900 que tivo como principal profesión de fe renovar e introducir na modernidade a poesía galega.

Como exemplos da  súa obra destacan os seguintes xéneros:

O ensaio-.  “Galicia como tarea”; “La marginación de Galicia”; “Sistema económico de la pesca en Galicia”; “Principios de economía pequera “entre outros….

A poesía-.  “Sementeira do Vento”; “Cen chaves de sombra”; e “ Pranto Matricial”.

A narrativa-. “Soldado da morte”

Tamén cultivou entre o seus xéneros o artigo periodístico, colaborando con numerosos Diarios Galegos ó longo da súa traxectoria como escritor.

No eido empresarial, Valentín Paz-Andrade traballou co empresario galego José Fernández López na posta en marcha de Pescanova, a multinacional galega de pesca por excelencia. A partir de 1959 e tras forxar unha grande amizade con Manuel Cordo Boullosa presentou un proxecto para a creación dunha gran refinaría en Galicia. E tamén deseñou un proxecto para a creación dun banco en Galicia. Proxectos estes dous últimos que non saíron adiante pero que de telo feito naquela época poderían ter cambiado, sen dúbida, o perfil económico e empresarial da comunidade autónoma.

 

 

 

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.