As cantareiras de Orballo con Coros e Danzas de Santander en Santiago de Compostela

P9153018

O pasado sábado 15 de Setembro, parte do grupo de cantareiras de Orballo, foron convidadas a cantar pola asociación de Coros e Danzas de Santander  en Santiago de Compostela, con motivo dunha voda.

O enlace celebróuse na Igrexa de San Francisco, e para sorpresa dos noivos, no momento da ofrenda, as cantareiras de Orballo interpretaban “Os cantos de Monzo”, mentres que compoñentes de Coros e Danzas de Santander facían a ofrenda.

O remata-la cerimonia, no adro da Igrexa, o grupo de Santander tiña preparada unha muiñeira que aprenderon  só para esta ocasión , na que as Cantareiras de Orballo acompañaron ca pandeireta.

Foi unha actuación distinta que tivo moi boa acollida, por eso dende o noso espazo queremos dar as grazas o Grupo de Santander por contar ca nosa asociación nesta iniciativa, que resultou sen dúbida , cando menos orixinal.

Más fotos pulsando aquí

This entry was posted in Actuacións. Bookmark the permalink.

One comment on “As cantareiras de Orballo con Coros e Danzas de Santander en Santiago de Compostela

  1. Coros y Danzas de Santander on said:

    Muchisimas gracias compañeros!!!! Los novios quedaron encantados y nosotros muy agradecidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.