Orballo celebrou Asamblea Extraordinaria para nova Xunta Directiva

O pasado xoves día 11 de outubro, celebróuse  no Centro de Maiores de Pontedeume, a Asamblea Extraordinaria  de  A.F.C ORBALLO, convocada para elixir  unha nova Xunta Directiva. Tal e como se regula nos estatutos da Asociación, cada dous anos é necesario convocar eleccións para renovar  os cargos directivos da asociación. Segundo se estabelece nas normas, a  Xunta Directiva deberá estar formada dun mínimo de dez persoas e un máximo de catorce.

Aberta a sesión da asamblea, procedéuse a votación  da única candidatura existente, que por unanimidade dos presentes saliu elixida.

A candidatura está composta por persoas que na meirande parte formaban parte da Xunta Directiva cesante, e algún novos membros, e son as seguintes:

  • Presidente: Eduardo Mourelle Botana
  • Vicepresidenta: Concepción Curbeira Fonte
  • Secretaria: Natalia Martínez López
  • Tesoureira: Rosa Manteiga Presedo
  • Vogais:
    • Cristina Fraga Pena
    • Sonia Rodríguez Sanmartín
    • Laura Piñeiro Fraga
    • Roberto Fernández Piñeiro
    • Adolfo Seara Lamelas
    • Carlos Martínez López
    • Ignacio Balado Martínez
    • Xoan Espada Blanco

Só queda agradecer o traballo realizado a Laura Calaza e Ignacio Filgueiras que ao longo destes dous anos realizaron na asociación, e que por motivos persoais non poden continuar.

This entry was posted in Asambleas. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.