A pasada semana ,a cadea de televisión Xaponesa Wow Wow púxose en contacto ca nosa asociación, ca finalidade de poder gravar o baile máis típico da nosa terra “a Muiñeira” , para o seu programa de televisión “Railway Story”, no cal amósanse imaxes de viaxes en tren por todo o territorio Español.
Tras haber gravado por diferentes capitais Españolas, conquerimos que o equipo se desplazara a Pontedeume, para poder inmortalizar en imaxes, a beleza de la vila dos Andrade.
A gravación realizóuse o pasado venres 26 de Octubre, no Torreón dos Andrade, onde gracias á colaboración do Excmo.Concello de Pontedeume,o equipo de televisión puido efectuar a gravación dende o alto da torre entre outras tomas realizadas.
O grupo de baile, acompañado dun quinteto de gaiteiros, bailou a “Muiñeira Montañesa” en repetidas ocasións, para dar xogo a que as cámaras de televisión non perderan detalle, nin dos pasos de baile, nin da música e os instrumentos.
Unha vez rematada a gravación, a Concelleira de Cultura Dª Ascensión de Vicente Olarte e o Alcalde de Pontedeume, D. Gabriel Torrente Piñeiro, recibiron a todo o equipo de televisión en agradecemento a súa presenza na vila.
Dende a nosa asociación queremos agradecer ó Sr.Terumi Moriya , coordinador da Televisión Xaponesa, por ter contado con nós para este programa e ó Concello de Pontedeume, pola boa predisposición e axuda sempre que a precisamos, para levar o nome de Orballo e Pontedeume alá a onde imos.