MENSAXE DIA INTERNACIONAL DA DANZA 2014

10294381_10203557287269847_5525300831252483237_n

“Cada artista ten o orgullo da súa arte. Cada artista defenderá sempre a arte cuxo contacto lle estremeceu. Polo que buscou e perdido é polo que ten o intenso desexo de compartir. É o eco dunha voz, a escritura encontrada, a interpretación dun texto que ofrece á humanidade, a música sen a cal o universo deixa de falarnos, o movemento que abre as portas á graza. Eu teño pola danza o orgullo do bailarín e do coreógrafo, pero tamén un profundo agradecemento. Foi a miña oportunidade. Converteuse na miña ética pola nobreza da súa disciplina. Ela é polo que cada día descubro o mundo.

Profunda dentro de min como ningunha outra, me anima cada día coa enerxía e a xenerosidade que lle son propias. A súa poesía tranquilízame. Podo dicir que eu existiría sen a danza?. Sen a capacidade para expresarme que me dio?¿Sin a confianza que encontrei para superar os temores, escaparme dos malos camiños.

Somerxido grazas a ela na beleza e na complexidade do mundo, fíxenme cidadán, cidadán singular reinventando os códigos no transcurso dos encontros, fiel aos valores da cultura hip hop que transforma a enerxía negativa en forza positiva.

A danza é a diario unha cuestión de dignidade. Pero eu vivo esta dignidade preocupado. Constato a perda de puntos de referencia, a incapacidade para imaxinar o seu futuro por parte dos mozos procedentes de barrios pobres que creceron na frustración e a tensión. Son un deles, todos somos eles.
Estou animado, quizais máis que outros, a dar exemplo, para axudarlles a enfrontarse á vida.

A sociedade non se fai máis rica coa riqueza de cada un de nós? A Cultura máis que outro discurso, une. Ten valor, asume riscos, a pesar dos obstáculos e o odio aos que sen dúbida te enfrontarás, a beleza do mundo sempre estará ao teu lado. Como a danza foino para min. Coa súa forza singular que fai desaparecer as distincións sociais, as ligadas ás nosas orixes, deixando o movemento dos corpos na súa máis simple humanidade, seres humanos voltos á súa expresión máis simple, singular e común. Finalizo citando as palabras de René Char, que me recordan cada día que non debemos deixar que ninguén nos encerre nun rol xa escrito.
“Impón a túa sorte, encerra a túa felicidade e vai cara ao teu risco. Ao mirarte, afaranse”.

Inténtao, equivócate e comeza de novo, pero sobre todo baila, xamais deixes de bailar! “.
- Mourad Merzouki -

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.