Presentación do disco de ORBALLO :: Casa de Cultura de Pontedeume 02/03/2013

Presentacion Casa Cultura

O pasado sábado, estivemos de celebración, é que a nosa asociación, tras 34 anos de vida , presentaba o seu primeiro Cd “ORBALLO” na Casa da Cultura de Pontedeume despois dun ano e medio traballando sobre él. Foron moitos esforzos os que tivemos que facer ata acadar o resultado final, pero viuse recompensado con poder por fin sacar á luz todas e cada unha das cancións que gravamos.

Tal e como explicaron no acto de presentación,o Cd estivo dirixido polo noso compañeiro e amigo Fito Seara, en colaboración cos mestres da nosa Asociación, Carlos e Natalia Martínez, así como Marcos Garcia. Os protagonistas do mesmo foron o grupo de Cantareir@s e o grupo de gaitas de Orballo, acompañados por diferentes músicos, entre eles a colaboración especial de Marcos Valcarcel(compoñente da orquestra París de Noia) , no tema “Jota deCaroi”, co seu violín.

Case rematado o acto, cun salón rebosante de persoas, incluindo autoridades municipais do equipo de goberno e dos grupos da oposición, que quixeron acompañarnos en un día tan especial; proxectouse o video promocional do Cd,: ”EUME”, tema composto en homenaxe ó parque natural das Fragas do Eume, polo incendio devastador que sufriu o ano pasado. É un tema especial, de música orixinal de Fito Seara, e letra orixinal de Carlos Martínez.

Sen dúbida foi un día cargado de emocións , pero que compensou por todo o traballo que fixeron todos e cada un dos que nel participaron.

Agora toca esperar a opinión de tod@s vos!!! ORBALLO ESTÁ NA RÚA,TOCA DISFRUTALO!!!

Grazas a tod@s os que nos acompañástedes nun momento tan importante para a nosa asociación!!!! Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!!!

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.