Galego Español English CD”ORBALLO” xa á venta!!
.
Podedes adquirir o noso disco “ORBALLO” nos seguintes establecementos da nosa Vila:- Estanco de Miguel, Calle Real
- Cervecería Beer’s, Avenida de Rajoy
- La Coqueta, Rúa san MiguelAdemáis, no LOCAL de ORBALLO (1º andar do Antiguo hospitalillo) e podemos enviacho por CORREO POSTAL por 10€ + gastos de envío.
BASES DAS RIFAS DE COLABORACIÓN CON ORBALLO
- O Concurso celébrao a AFC ORBALLO para axuda económica das súas actividades
- Os membros de Orballo venderán cada rifa a 1 €
- Poñen á venda 5.000 rifas en total
- As rifas postas en circulación van numeradas dende o 0000 ao 4999
- O premio recibirao o posuidor/a da rifa cuxo número coincida coas 4 cifras do sorteo da ONCE do día 11/09/2015. (ERRATA NAS RIFAS, xa que pon as últimas 5 cifras)
- En caso de non se vender o número que coincide co do sorteo da ONCE, ou non coincidir este, con ningún número posto en circulación, o concurso quedará deserto e non se entregará ningún premio.
- Para cambiar o premio, o agraciado ten 30 días naturais contando a partir do 11/09/2015. A partir desa data, non terá dereito a recibir o premio.
- O premio cámbiase na Oficinas de Organiza Viajes (Marques de Figueroa 46, Baixo. 15500 Perlío Fene (A Coruña) nese período.
- O premio consiste nunha estanza dunha noite para 2 persoas con almorzo e cea, a elixir entre unha selección de 100 hoteis e casas rurais de España (Produto de CofreVIP)
- O premio poderase gozar ata Marzo de 2017, na data designada polo premiado e aceptada polo prestador do servizo: Hotel ou Casa Rural.-
Sitios de interese
Hermeroteca
Meta
Author Archives: orballo
A escola de A.F.C. Orballo en San Martín, Cabanas
O pasado Sábado 21 de Xullo, dous grupos da Escola da Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO, participaron na XXIV Xuntanza Folclórica organizada pola Asociación Airiños do Frade, de San Martín, Cabanas. O evento comenzou ás 18.00 horas, e chegado o … Continue reading
AFC ORBALLO na procesión na honra á Virxe do Carme en Pontedeume
O pasado día 16 de Xullo, a Asociación Folclórica e Cultural Orballo, participou na procesión na honra á Virxe do Carme, convidados pola Cofradía de Pescadores de Pontedeume, interpretando a tradicional Danza Gremial de Arcos. Os compoñentes da Asociación, acompañaron … Continue reading
Fin de Curso en A.F.C. Orballo
O pasado fin de semana celebramos O FIN DE CURSO EN ORBALLO. O Sábado 16, tódolos alumnos/as da escola da nosa asociación, reunidos no local de ensaio, amosaron o seu bó facer, nas diferentes modalidades de actividade que se desenrólan … Continue reading
A.F.C. Orballo organizes the XXIX “Día da Muiñeira” in Pontedeume
O pasado Domingo 3 de Xuño, celebróuse no paseo Marítimo de Pontedeume a vixésimo novena edición do Día da Muiñeira en Pontedeume. No acto participaron un total de dez asociacións procedentes de distintas partes da provincia. Comezou ás 17.30 horas … Continue reading
O grupo de pandereteiras/os de Orballo na Fundación NovaCaixaGalicia
O pasado venres 1 de xuño, o grupo de pandereteiras/os de Orballo, foron convidados a actuar no Festival de Clausura das actividades de fin de curso do Clube de Xubilados na Fundación NovaCaixaGalicia de Pontedeume. A actuación comezou sobre ás … Continue reading
Actuación na Gardería Municipal de Pontedeume
O pasado Venres 25 de Maio, un grupo de baile da Escola de A.F.C. ORBALLO actuou na Gardería Municipal de Pontedeume. O evento comezou ás 19.00 horas, onde os máis pequenos puideron disfrutar da música e o baile tradicional que … Continue reading
XXIX Día da Muiñeira
O próximo 3 de Xuño do 2.012, a Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO (Pontedeume), celebrará o “XXIX Día da Muiñeira”. Nesta ocasión contará ca presenza das seguintes asociacións: Asociación Cultural TROULA de Ortegal Asociación Cultural MALANTE de Malpica Agrupación Artística … Continue reading
17 de maio, Día das Letras Galegas
O próximo Xoves día 17 de Maio , con gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado a Valentín Paz Andrade; dous grupos da Escola de Baile de A.F.C ORBALLO, actuarán na Praza Real de Pontedeume . O acto … Continue reading
Concurso de Maios de Pontedeume 2012
“O pasado día 1 de Maio, os alumn@s da nosa escola de baile participaron no Concurso de Maios que cada ano celebra o Concello de Pontedeume, presentando dúas figuras de Maio, que respondían aos nomes de “Cruceiro” e “Asubío do … Continue reading
Orballo e a festa dos Maios
Como cada ano, o día primeiro de Maio, na vila de Pontedeume, celébrase o tradicional Concurso de Maios. Todos os anos nesta exaltación da cultura tradicional Galega, a nosa asociación participa presentando dúas figuras de Maio tradicional, os cales son … Continue reading
