Galego Español English CD”ORBALLO” xa á venta!!
.
Podedes adquirir o noso disco “ORBALLO” nos seguintes establecementos da nosa Vila:- Estanco de Miguel, Calle Real
- Cervecería Beer’s, Avenida de Rajoy
- La Coqueta, Rúa san MiguelAdemáis, no LOCAL de ORBALLO (1º andar do Antiguo hospitalillo) e podemos enviacho por CORREO POSTAL por 10€ + gastos de envío.
BASES DAS RIFAS DE COLABORACIÓN CON ORBALLO
- O Concurso celébrao a AFC ORBALLO para axuda económica das súas actividades
- Os membros de Orballo venderán cada rifa a 1 €
- Poñen á venda 5.000 rifas en total
- As rifas postas en circulación van numeradas dende o 0000 ao 4999
- O premio recibirao o posuidor/a da rifa cuxo número coincida coas 4 cifras do sorteo da ONCE do día 11/09/2015. (ERRATA NAS RIFAS, xa que pon as últimas 5 cifras)
- En caso de non se vender o número que coincide co do sorteo da ONCE, ou non coincidir este, con ningún número posto en circulación, o concurso quedará deserto e non se entregará ningún premio.
- Para cambiar o premio, o agraciado ten 30 días naturais contando a partir do 11/09/2015. A partir desa data, non terá dereito a recibir o premio.
- O premio cámbiase na Oficinas de Organiza Viajes (Marques de Figueroa 46, Baixo. 15500 Perlío Fene (A Coruña) nese período.
- O premio consiste nunha estanza dunha noite para 2 persoas con almorzo e cea, a elixir entre unha selección de 100 hoteis e casas rurais de España (Produto de CofreVIP)
- O premio poderase gozar ata Marzo de 2017, na data designada polo premiado e aceptada polo prestador do servizo: Hotel ou Casa Rural.-
Sitios de interese
Hermeroteca
Meta
Category Archives: Actuacións
ORBALLO galardoado co PIOLET DE OURO no FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE ZAKOPANE (POLONIA)
A asociación folclórica de Pontedeume logra a máxima distinción, o Piolet de ouro, do prestixioso festival de Zakopane coa nota máis alta en 48 anos A agrupación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume foi a gañadora do Festival Internacional Folk … Continue reading
Letras Galegas 2016
Convidados polo Concello de Pontedeume, un ano máis AFC ORBALLO ofreceu unha demostración de baile e música na Praza Real de Pontedeume para celebrar o Dia das Letras Galegas que este ano adicábase ao poeta Galego Manuel María.
XXXII DÍA DA MUIÑEIRA
Exaltación do baile máis tradicional de Galicia : A Muiñeira. Se formas parte dunha asociación ou colectivo de baile tradicional e queres que o teu grupo participe, escríbenos a orballo@orballo.org e informámoste. Se che gusta o baile tradicional, non o … Continue reading
ORBALLO fai as maletas para levar os seus bailes a Madeira
Esta é a nova que nos adica hoxe o suplemento de LA VOZ DE GALICIA:
Viaxe a MADEIRA da nosa Asociación :: Agosto 2015
O vindeiro verán, do 21 al 30 de Agosto imos á Illa Portuguesa de Madeira. AFC ORBALLO foi convidado a participar en dous Festivais Internacionais de Folclore: – Do 21 ao 25 estaremos en Porto Santo. – Do 26 ao … Continue reading
XXVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE ORBALLO (PONTEDEUME 01/08/2014)
Deixámosvos unha mostra dos distintos grupos que participaron con nós neste XXVI Festival Internacional. Moitas grazas a tod@s por acompañarnos un ano máis!! Asociación folclórica e Cultural ORBALLO, Pontedeume Grupo de Sudáfrica UMUZI WENKOSI Grupo de Puertollano COROS Y DANZAS … Continue reading
Orballo edita o seu primeiro disco e ultima o Congreso Nacional de Facyde
Sen dúbida os primeiros meses de 2013 serán intensos para a asociación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume, xa que en apenas un mes editarán o seu primeiro disco e organizan –na vila dos Andrade e Ferrol–, o Congreso Nacional … Continue reading