Uns 250 participantes na XXX edición do Día da Muiñeira

Propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

O pasado domingo a asociación folclórica Orballo organizou en Pontedeume a XXX edición do Día da Muiñeira. O acto reuniu a varias entidade culturais que traballan a cotío no eido do folklore galego. Un total de 203 bailaríns participaron na cita que, sumados os membros da organización, aproximouse a unhas 250 persoas.

Foto propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

En concreto tomaron parte nesta festa popular a asociación cultural Troula de Ortegal; a escola de baile tradicional do Padroado de Cultura de Narón; a agrupación artística e cultural Semente Nova, de Perillo; a asociación cultural R.D. O Castro, de Miño; Airiños do Frade, de San Martiño do Porto; Escola de Baile e Pandeireta “Mario Escudero”, de Ferrol; o colexio O Graxal, do Temple (Cambre), e a entidade organizadora, a asociación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume.

Foto propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

O acto, que tivo como pregoeiro ao bibliotecario eumés Alexandre Caínzos, comezou coas formación reunidas na Alameda de Raxoi, continuou cun pasarrúas polo centro da vila e rematou coas diferentes actuacións no paseo marítimo de Pontedeume.

Fonte do texto: www.diariodeferrol.com

Posted in General | Leave a comment

ORBALLO organiza o próximo domingo 26 de Maio o XXX DÍA DA MUIÑEIRA EN PONTEDEUME

foto cartel muiñeira 2013

Lugar: Paseo Marítimo de Pontedeume

Axenda:
■ 17:00 Reunión na alameda de Raxoi
■ 17:30 Desfile
■ 18:00 Actuación no paseo marítimo de Pontedeume

Asociacións Participantes:
■ Asociación Cultural TROULA de Ortegal
■Escola de baile tradicional do Padroado da cultura do Concello de Narón
■ Agrupación Artística e Cultural “SEMENTE NOVA” de Perillo
■ Asociación Cultural R.D. “O CASTRO” de Miño
■ “AIRIÑOS DO FRADE” de San Martín.
■ Escuela de Baile y Pandereta “Mario Escudero” de Ferrol
■ “Colexio O Graxal” (Temple-Cambre-A Coruña)
■ Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO de Pontedeume

Pregoeiro: Alexandre Caínzos-Responsable da Biblioteca Municipal de Pontedeume

Posted in General | Leave a comment

ORBALLO presenta o seu CD na “UUVV Olmo” co gallo da súa celebración da Semana das Letras Galegas

CD ORBALLO

O vindeiro xoves 16 de Maio, co gallo da Semana das Letras Galegas, ORBALLO presenta o seu CD,convidado pola Unidade Veciñal Olmo en Pontedeume.

O Evento terá comenzó ás 20.30 horas, ca proxección do video promocional  do tema incluído no Cd “Eume”, composto tras o devastador incendio que sufriu o parque natural das Fragas do Eume o pasado ano.Posteriormente haberá unha pequena actuación do grupo de Cantareir@s da Asociación, na que se interpretarán algún dos temas recollidos no disco, pero de xeito tradicional acompañados polas pandeiretas e pandeiros.

ACTUACION CANTAREIROS

Posted in General | Leave a comment

ORBALLO colabora na CELEBRACIÓN do DÍA DAS “LETRAS GALEGAS” adicado a Roberto Vidal Bolaño

roberto vidal

O vindeiro Venres día 17 de Maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado a Roberto Vidal Bolaño; dous grupos da la Escola de Baile de A.F.C ORBALLO, actuarán na Praza Real de Pontedeume. O acto organizado pola biblioteca municipal do Concello de Pontedeume, ten previsto comenzar ás 13.00 horas.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado “Grupo Abrente” que, a partir da década dos 70, renovou , actualizou
tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do “Grupo Antroido”, en 1975, até a súa compañía actual “Teatro do Aquí”, pasando pola breve experiencia da cooperativa “Teatro do Estaribel”. En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de “amador” que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.

A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.

A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios (“Abrente”, “O Facho” e “Ciudad de Valladolid”), como aconteceu con outros integrantes do “Grupo Abrente”, o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses (“Rafael Dieste”, “Alvaro Cunqueiro”, “Xacobeo 92″, “Eixo Atlántico”, “María Casares”…), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.

A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Fonte: Biblioteca Virtual Galega

Posted in Actividades lúdicas, Performances, General | Leave a comment

ORBALLO participa, un ano máis, no Concurso de Maios do Concello de Pontedeume

Mayos 2013

O pasado día 1 de Maio, os alumn@s da nosa escola de baile participaron no Concurso de Maios que cada ano celebra o Concello de Pontedeume, presentando dúas figuras de Maio, que respondían aos nomes de “Malhao” e “Terra”. O concurso consiste na elaboración de figuras de maio tradicional feitas totalmente con vexetación, coa finalidade segundo marca a tradición, de celebrar a chegada da primaveira.

Os alumn@s de A.F.C. ORBALLO, interpretaron unha canción que facía alusión a tal celebración, acompañados polo cuarteto de gaitas da asociación.

Dende a Asociación queremos dar o noso máis sincero parabén a tod@s @s nos@s alumn@s, polo seu esforzo e dedicación, sen esquecernos do resto das asociacións participantes polo traballo realizado.

Posted in Actividades lúdicas | Leave a comment

29 DE ABRIL DE 2013 :: DIA INTERNACIONAL DA DANZA

DANZA2

O día 29 de Abril celebrase a nivel mundial o Día Internacional da Danza. Dende A.F.C. ORBALLO transmitimovos a mensaxe oficial que o “Consejo Internacional de la Danza de la UNESCO” remite cada ano, para ser lido en toda-las celebracións e conmemoracións:

Mensaje oficial
“En 1973 un grupo de personas de varios países se reunieron en el interior del Palacio de la UNESCO en Paris para fundar el Consejo Internacional de la Danza. Una organización mundial para el arte de la Música existía ya desde muchos años antes, igual que otra organización para el Teatro, por tanto era natural pensar que la Danza debería tener su propio cuerpo superior.

Los padres y madres fundadores eran activos en ballet y en danza moderna, y así los sucesivos miembros continuaron siendo bailarines distinguidos, coreógrafos y profesores de danza de dichas áreas, principalmente europeos. El famoso coreógrafo alemán Kurt Jooss fue elegido como Presidente.

Mucho después, empezando en 1999, la membresía fue abierta a personalidades de otras formas de danza: tradicional, contemporánea, tango, india, terapéutica, oriental, etc. Ahora se puede decir que CID es verdaderamente representativo cuando se trata de idiomas, áreas geográficas y funciones de la Danza. Los estudiosos constituyen una alta proporción en su participación, así como profesores de universidades, doctores universitarios, autores de libros, investigadores, historiadores. Organizaciones tales como federaciones, uniones, departamentos universitarios y asociaciones de grupos regionales permanecen como la más importante categoría de miembros.

El portal del CID es un instrumento para cualquiera en la industria de las artes escénicas; contiene la relación completa de los miembros, así como los libros que han creado y las revistas que publican. El aspecto más comúnmente utilizado es el Directorio Global de la Danza, que contiene a más de 300.000 profesionales de la danza en 200 países, un logro único entre todas las artes y ciencias. El Día Mundial de la Danza es el programa más famoso celebrado en cualquier lugar del globo terráqueo.
 

Todos los profesionales activos de la danza están invitados a solicitar su membresía, los candidatos son admitidos tras la evaluación de su perfil o tras su nominación por otro miembro. El número de miembros crece constantemente, como prueba de vitalidad y sinceridad.

El Dia de la Danza 2013 está dedicado al 40 aniversario del CID. Cuanto más fuerte se hace el CID, más los bailarines se sienten unidos y con más poder.”

Alkis Raftis
Presidente Consejo Internacional de la Danza

Posted in General | Leave a comment

Orballo organiza en Pontedeume unha cita co mundo do folklore de España

Casa da Cultura de Pontedeume asemblea de las asociaciones folkl

A Federación de Asociaciones de Coros y Danzas de España (Facyde) celebrou onte en Pontedeume a súa asemblea anual e diversas actividades organizadas polo seu socio local, a agrupación folklórica Orballo.

Así, ao redor de 80 socios de Facyde de toda España reuníronse na Casa da Cultura eumesa desde primeiras horas da mañá. O acto inicial desenvolvido foi unha asemblea ordinaria e presentación dun volume que recolle a riqueza do traxe rexional, “Indumentaria tradicional en España”, de notable riqueza gráfica.

O acto contou coa presenza do presidente e vicepresidente de Facyde, José Serrano e Rafael Romero, respectivamente, así como da vocal Cristina Incera. Como anfitrión estaba o presidente da asociación folklórica e cultural Orballo, Eduardo Mourelle, e do propio alcalde eumés, Gabriel Torrente, que recibiu a última hora da mañá aos visitantes.

Tralo xantar, e a pesar da xornada chuviosa, o grupo desprazouse ata a Fraga do Eume e o mosterio de Caaveiro espazos nos que a asociación Orballo vén de gravar un videoclip incluído no seu primeiro traballo discográfico, presentado a pasada semana.

Os asociados de Facyde regresaron xa polo serán á Casa da Cultura eumesa onde levaron a cabo a súa asemblea xeral extraordinaria. Finalmente, os actos trasladáronse ao Pazo do Monte de Ferrol. Durante a cea que clausurou o acto, e na que participaron ao redor de 120 persoas e actuaron os grupos de gaitas, pandeiretas e baile de Orballo e se proxectou o citado vídeo da entidade cultural eumesa.

 

A tradición en números

Formada por 57 asociacións de Coros e Danzas de 21 provincias e 14 Comunidades Autónomas, a actividade de Facyde engloba 3.000 personas, entre bailaríns, músicos, cantantes e colaboradores. O seu patrimonio inclúe unhas 800 danzas, 200 traxes locais e do seu labor benefícianse uns 2.500 alumnos.

FONTE: Diario de Ferrol

Posted in General | Leave a comment

ORBALLO organiza en Pontedeume, a asemblea anual de FACYDE (Federación de Coros y Danzas de España)

PDFC-CARPETA PARTE DELANTERA

O vindeiro fin de semana, os días 9 e 10 de Marzo , a nosa asociación organiza en Pontedeume, a Asamblea Anual da Federación de Coros y Danzas de España (FACYDE).Esta asamblea de carácter anual, se celébrase cada ano en distintos puntos da xeografía Española, o lugar é elixido nunha votación por todas e cada unha das asociacións integrantes na mesma. No noso caso, recollemos o testigo como comité organizador da Asociación “Paca Briceño “de Cádiz, onde foi sometido a votación el lugar de la sede asamblearia o pasado ano, e toruxémolo á vila dos Andrade, a Pontedeume.

A modo informativo temos que decir que FACYDE nace en 1978, e tras o proceso de cambio político español, os Grupos de Coros y Danzas convirtense en Asociacións Culturais e crean a FEDERACION DE ASOCIACIONES DE COROS Y DANZAS DE ESPAÑA (FACYDE) ca intención de permanecer unidos no seu traballo de recuperación, manteñemento e divulgación de todo o seu rico legado cultural acumulado a través de tantos anos de experiencia.

Actualmente, integra a 57 Asociacións de Coros e Danzas en 21 provincias de 14 Comunidades Autónomas, entre as que se atopa ORBALLO,e que aglutinan un patrimonio cultural de máis de 800 danzas en repertorio, 200 modalidades de vestiario, 3.000 personas, entre bailaríns, músicos, cantantes e colaboradores, 20 escolas de folklore con máis de 2.500 alumnos, aredor de 50 grabacións musicais, libros e videos, organizan más de 20 Festivales nacionales e internacionales de Folklore, e continúan sistemáticamente o seu traball o de recuperación e difusión, por todo o mundo, do variado e rico Folklore dos pobos de España.

Oss participantes da Asamblea, farán a súa chegada o Venres día 8 pola tarde, para xa ó día siguiente, o día 9 estar presentes na Asamblea Ordinaria, que se celebrará na Casa da Cultura de Pontedeume,ás 10.00 horas. Posteriormente, sobre a unha da tarde, serán recibidos por las autoridades municipai s, horas previas ó almorzo . continuando ca xornada ,Orballo, elixiu como visita cultural para tod@s @s participantes, o Parque Natural das Fragas do Eume y el Mosteiro de Caaveiro, visita obligada na nosa comarca. O seu regreso, volverán á Casa da Cultura, onde se celebrará a Asamblea Extraordinaria. Como clausura de actos oficiais da Asamblea, tod@s @s participantes , reuniranse no Restaurante “Pazo do Monte”, para a cea de Gala, lugar onde ORBALLO, fará una actuación para o disfrute de tod@s os presentes.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración do Excmo. Concello de Pontedeume e da Diputación Provincial de A Coruña, pola súa boa predisposición na organización diste evento.

E para rematar, non nos queda nada máis que desexarlle a tod@s l@s participantes unha boa estancia na nosa vila, Benvid@s!!!!

Posted in General | Leave a comment

Disco de ORBALLO xa á venda

venta_disco_orballo

Dende hoxe, xa podedes adquirir o noso disco “ORBALLO” nos seguintes establecementos da nosa Vila:

- Estanco de Miguel, Calle Real
- Cervecería Beer’s, Avenida de Rajoy
- La Coqueta (proximamente), Rúa san Miguel

Ademáis, no LOCAL de ORBALLO (1º andar do Antiguo hospitalillo) e podemos enviacho por CORREO POSTAL por 10€ + gastos de envío.

Posted in General | 1 Comment

Presentación do disco de ORBALLO :: Casa de Cultura de Pontedeume 02/03/2013

Presentacion Casa Cultura

El pasado sábado, estuvimos de celebración, es que nuestra asociación, tras 34 años de vida, presentaba su primer Cd “ORBALLO” en la Casa da Cultura de Pontedeume, después de un año y medio trabajando sobre él. Fueron muchos esfuerzos los que tuvimos que hacer hasta alcanzar el resultado final, pero se vió recompensado con poder por fin sacar a la luz todas e cada una de las canciones que grabamos.

Tal y como explicaron en el acto de presentación, el Cd estuvo dirigido por nuestro compañero y amigo Fito Seara, en colaboración con los maestros da nuestra Asociación, Carlos y Natalia Martínez, así como Marcos García. Los protagonistas del mismo fueron el grupo de Cantareir@s y el grupo de gaitas de Orballo, acompañados por diferentes músicos, entre ellos la colaboración especial de Marcos Valcárcel(componente de la orquesta París de Noia) , en el tema “Jota de Caroi”, con su violín.

Casi acabado el acto, co un salón rebosante de personas, incluyendo autoridades municipales del equipo de gobierno y de los grupos da oposición, que quisieron acompañarnos en un día tan especial; se proyectó el video promocional del Cd,: ”EUME”, tema compuesto en homenaje al parque natural de las” Fragas do Eume”, por el incendio devastador que sufrió el año pasado. Es un tema especial, de música original de Fito Seara, y letra original de Carlos Martínez.

Sin duda fue un día cargado de emociones , pero que compensó por todo el trabajoo que hicieron todos y cada uno de los que en el participaron.

Ahora toca esperar la opinión de tod@s vosotr@s!!! ORBALLO ESTÁ EN LA CALLE, TOCA DISFRUTARLO!!!

Gracias a tod@s los que nos acompañásteis en un momento tan importante para nuestra asociación!!!! Esperamos que lo disfrutéis tanto como nosotros!!!

Posted in General | Leave a comment