MENSAXE DIA INTERNACIONAL DA DANZA 2014

10294381_10203557287269847_5525300831252483237_n

“Cada artista ten o orgullo da súa arte. Cada artista defenderá sempre a arte cuxo contacto lle estremeceu. Polo que buscou e perdido é polo que ten o intenso desexo de compartir. É o eco dunha voz, a escritura encontrada, a interpretación dun texto que ofrece á humanidade, a música sen a cal o universo deixa de falarnos, o movemento que abre as portas á graza. Eu teño pola danza o orgullo do bailarín e do coreógrafo, pero tamén un profundo agradecemento. Foi a miña oportunidade. Converteuse na miña ética pola nobreza da súa disciplina. Ela é polo que cada día descubro o mundo.

Profunda dentro de min como ningunha outra, me anima cada día coa enerxía e a xenerosidade que lle son propias. A súa poesía tranquilízame. Podo dicir que eu existiría sen a danza?. Sen a capacidade para expresarme que me dio?¿Sin a confianza que encontrei para superar os temores, escaparme dos malos camiños.

Somerxido grazas a ela na beleza e na complexidade do mundo, fíxenme cidadán, cidadán singular reinventando os códigos no transcurso dos encontros, fiel aos valores da cultura hip hop que transforma a enerxía negativa en forza positiva.

A danza é a diario unha cuestión de dignidade. Pero eu vivo esta dignidade preocupado. Constato a perda de puntos de referencia, a incapacidade para imaxinar o seu futuro por parte dos mozos procedentes de barrios pobres que creceron na frustración e a tensión. Son un deles, todos somos eles.
Estou animado, quizais máis que outros, a dar exemplo, para axudarlles a enfrontarse á vida.

A sociedade non se fai máis rica coa riqueza de cada un de nós? A Cultura máis que outro discurso, une. Ten valor, asume riscos, a pesar dos obstáculos e o odio aos que sen dúbida te enfrontarás, a beleza do mundo sempre estará ao teu lado. Como a danza foino para min. Coa súa forza singular que fai desaparecer as distincións sociais, as ligadas ás nosas orixes, deixando o movemento dos corpos na súa máis simple humanidade, seres humanos voltos á súa expresión máis simple, singular e común. Finalizo citando as palabras de René Char, que me recordan cada día que non debemos deixar que ninguén nos encerre nun rol xa escrito.
“Impón a túa sorte, encerra a túa felicidade e vai cara ao teu risco. Ao mirarte, afaranse”.

Inténtao, equivócate e comeza de novo, pero sobre todo baila, xamais deixes de bailar! “.
- Mourad Merzouki -

Posted in General | Leave a comment

ORBALLO acude á Asemblea Anual de FACYDE

Esta fin de semana, unha representación da nosa asociación asistirá a Asamblea Anual de FACYDE en Puertollano (Ciudad Real).

Por este motivo quedan suspendidas as clases da Escola de Orballo o vindeiro Venres 14 de Marzo. As clases de pandeireta do sábado e o ensaio de baile de adultos , manteñense no seu horario habitual.

1962727_10203233181687410_649729162_n

Posted in General | Leave a comment

Vive o ANTROIDO en ORBALLO

1016763_10203096061539492_706298196_n

Posted in General | Leave a comment

Felices festas!!!!

crismas

Posted in General | Leave a comment

Videos do XXVI Festival Internacional de Folclore

Despois de publicar o video da actuación da nosa asociación, agora publicamos os videos dos outros grupos que nos acompañaron ese día:

ASOCIACIÒN COROS Y DANZAS “LOLA TORRES” (Jaén)

 

Ensemble of Dance and Music Janger (Kalmykia):

 

Les As (Béni):

 

Posted in General | Leave a comment

Actuación da AFC ORBALLO no XXVI Festival Internacional

Posted in General | Leave a comment

XXVI FESTIVAL DO FOLCLORE

internacional 2013

Datas: 2 e 3 de agosto de 2013 (2 días)

VENRES DIA 2 DE AGOSTO :

19.00 horas -Recepción no Concello de Pontedeume
19.30 horas: Desfile con todos os grupos participantes polas principais rúas da vila.
20.30 HORAS na Praza de S. Roque-A Calzada:

- Ensemble of dance and music JANGER-KALMIKIA-RUSIA
- SIYAVUTSA folclore Music and Dance-SUDAFRICA
- ASOCIACIÓN COROS Y DANZAS LOLA TORRES -JAÉN
- ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA E CULTURAL ORBALLO -PONTEDEUME.

SÁBADO DÍA 3 DE AGOSTO ,

20.00 horas: Desfile polas principais rúas da vila
20.30 HORAS:
- ASOCIACIÓN COROS Y DANZAS LOLA TORRES -JAÉN
- ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA E CULTURAL ORBALLO -PONTEDEUME.

Posted in General | Leave a comment

Uns 250 participantes na XXX edición do Día da Muiñeira

Propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

O pasado domingo a asociación folclórica Orballo organizou en Pontedeume a XXX edición do Día da Muiñeira. O acto reuniu a varias entidade culturais que traballan a cotío no eido do folklore galego. Un total de 203 bailaríns participaron na cita que, sumados os membros da organización, aproximouse a unhas 250 persoas.

Foto propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

En concreto tomaron parte nesta festa popular a asociación cultural Troula de Ortegal; a escola de baile tradicional do Padroado de Cultura de Narón; a agrupación artística e cultural Semente Nova, de Perillo; a asociación cultural R.D. O Castro, de Miño; Airiños do Frade, de San Martiño do Porto; Escola de Baile e Pandeireta “Mario Escudero”, de Ferrol; o colexio O Graxal, do Temple (Cambre), e a entidade organizadora, a asociación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume.

Foto propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

O acto, que tivo como pregoeiro ao bibliotecario eumés Alexandre Caínzos, comezou coas formación reunidas na Alameda de Raxoi, continuou cun pasarrúas polo centro da vila e rematou coas diferentes actuacións no paseo marítimo de Pontedeume.

Fonte do texto: www.diariodeferrol.com

Posted in General | Leave a comment

ORBALLO organiza o próximo domingo 26 de Maio o XXX DÍA DA MUIÑEIRA EN PONTEDEUME

foto cartel muiñeira 2013

Lugar: Paseo Marítimo de Pontedeume

Axenda:
■ 17:00 Reunión na alameda de Raxoi
■ 17:30 Desfile
■ 18:00 Actuación no paseo marítimo de Pontedeume

Asociacións Participantes:
■ Asociación Cultural TROULA de Ortegal
■Escola de baile tradicional do Padroado da cultura do Concello de Narón
■ Agrupación Artística e Cultural “SEMENTE NOVA” de Perillo
■ Asociación Cultural R.D. “O CASTRO” de Miño
■ “AIRIÑOS DO FRADE” de San Martín.
■ Escuela de Baile y Pandereta “Mario Escudero” de Ferrol
■ “Colexio O Graxal” (Temple-Cambre-A Coruña)
■ Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO de Pontedeume

Pregoeiro: Alexandre Caínzos-Responsable da Biblioteca Municipal de Pontedeume

Posted in General | Leave a comment

ORBALLO presenta o seu CD na “UUVV Olmo” co gallo da súa celebración da Semana das Letras Galegas

CD ORBALLO

O vindeiro xoves 16 de Maio, co gallo da Semana das Letras Galegas, ORBALLO presenta o seu CD,convidado pola Unidade Veciñal Olmo en Pontedeume.

O Evento terá comenzó ás 20.30 horas, ca proxección do video promocional  do tema incluído no Cd “Eume”, composto tras o devastador incendio que sufriu o parque natural das Fragas do Eume o pasado ano.Posteriormente haberá unha pequena actuación do grupo de Cantareir@s da Asociación, na que se interpretarán algún dos temas recollidos no disco, pero de xeito tradicional acompañados polas pandeiretas e pandeiros.

ACTUACION CANTAREIROS

Posted in General | Leave a comment