Xurde no ano 1.979, na vila de Pontedeume, arredor dun reducido grupo de persoas interesadas en recuperar as vellas tradicións artísticas e musicais da comarca das Mariñas.
Os cambios sociais e o incremento da participación nas suas actividades obriga a constituirse como Asociación Folclórica e Cultural “ORBALLO”, e á sua inscripción no Rexistro Xeral de Asociacións de Galicia.
No ano1.982, nomease como “Asociación protexida pola Comisión de Cultura do Excmo. Concello de Pontedeume”
ORBALLO adica a meirande parte do seu esforzo á promoción e recuperación da música, o baile e vestiario tradicional, mediante a participación en festivais, recuperación de danzas e organización de exhibicións.
Conta con escolas tradicionais de baile, gaita-percusión e pandereteiras, saídos de entre os máis de 150 alumnos dende os 3 anos en adiante.
Ademais das actividades das escolas, ORBALLO organiza ó longo do ano outras actividades complementarias como exposicions, Festa dos Maios, Día da Muiñeira e o Festival Internacional de Folclore coa Colaboración do Excmo. Concello de Pontedeume.
A recuperación de danzas, tarefa fundamental para progresar no reencontró coas tradicions, permítenos incorporar dúas danzas a piques de desaparecer da memoría local como a “DANZA DE ARCOS DE PONTEDEUME” que acompaña a Virxe do Carme na súa saída ó mar, e a “DANZA DO BIOUTEIRO” que acompaña os Maios na súa festa. Esta permanente recuperación permítenos amosar hoxe un repertorio que abrangue tódalas variedades rítmicas do noso folclore: Muiñeiras, Muiñeiras Vellas, Jotas, Pateados, Maneos, Muiñeiras Baixas etc.
Conta cun vestiario tradicional variado que inclue traxes das diversas comarcas galegas, tanto en traxes de garda como traxes de cotío e montaña.
ORBALLO ten levado o seu traballo por toda a Xeografía Galega, así como festivais nacionais e internacionais acadando sempre unha agradable acollida.
ORBALLO, no ano 2.004 se integra como Membro Efectivo na “Federación de Asociaciones de Coros y Danzas de España” (FACYDE).