ORBALLO galardoado co PIOLET DE OURO no FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE ZAKOPANE (POLONIA)

14064156_1152874768088972_964911001699119565_n

A asociación folclórica de Pontedeume logra a máxima distinción, o Piolet de ouro, do prestixioso festival de Zakopane coa nota máis alta en 48 anos

A agrupación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume foi a gañadora do Festival Internacional Folk de Zakopane que se celebra cada ano dende 1962 na localidade polaca e que é un dos máis importantes do seu ámbito en Europa.

O medio centenar de integrantes da agrupación folclórica eumesa, cuxa viaxe a terras polacas foi sufragado pola Deputación da Coruña, recibiron con inmensa ledicia a nova, tras varios días de actuacións na localidade, nos que competiron polo Piolet de Ouro, un dos premios máis prestixiosos do panorama folk europeo, con agrupacións de países como Estados Unidos, Indonesia, Eslovaquia, Bulgaria, Hungría, Italia, Noruega ou Romanía.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a vicepresidenta e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín e o deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, fixeron chegar esta mañá as súas felicitacións á entidade eumesa polo seu gran traballo, recoñecido agora cun dos premios máis importantes do folk europeo.

Pola súa banda, o presidente da entidade, Eduardo Mourelle, que esta mañá participou xunto cos integrantes do grupo floclórico nunha recepción oficial no Concello de Zakopane, expresou a súa “inmensa satisfacción levar o nome de Pontedeume por Europa e porque unha agrupación pequena como a nosa sexa a gañadora dun certame desta importancia” e agradeceu o apoio da Deputación para “facelo posible”.

“É un gran recoñecemento, que nos enorgullece e estimula aos nosos rapaces para seguir traballando”, afirmou Mourelle, que lembrou que o grupo obtivo a máxima puntuación por parte dos nove membros do xurado nun certame que non contaba con participación española dende hai case tres décadas.

 

Esta entrada fue publicada en Actuaciones, General. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

HTML tags are not allowed.