Uns 250 participantes na XXX edición do Día da Muiñeira

Propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

O pasado domingo a asociación folclórica Orballo organizou en Pontedeume a XXX edición do Día da Muiñeira. O acto reuniu a varias entidade culturais que traballan a cotío no eido do folklore galego. Un total de 203 bailaríns participaron na cita que, sumados os membros da organización, aproximouse a unhas 250 persoas.

Foto propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

En concreto tomaron parte nesta festa popular a asociación cultural Troula de Ortegal; a escola de baile tradicional do Padroado de Cultura de Narón; a agrupación artística e cultural Semente Nova, de Perillo; a asociación cultural R.D. O Castro, de Miño; Airiños do Frade, de San Martiño do Porto; Escola de Baile e Pandeireta “Mario Escudero”, de Ferrol; o colexio O Graxal, do Temple (Cambre), e a entidade organizadora, a asociación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume.

Foto propiedade de ORBALLO

Foto propiedade de ORBALLO

O acto, que tivo como pregoeiro ao bibliotecario eumés Alexandre Caínzos, comezou coas formación reunidas na Alameda de Raxoi, continuou cun pasarrúas polo centro da vila e rematou coas diferentes actuacións no paseo marítimo de Pontedeume.

Fonte do texto: www.diariodeferrol.com

This entry was posted in General. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

HTML tags are not allowed.