O vindeiro xoves 16 de Maio, co gallo da Semana das Letras Galegas, ORBALLO presenta o seu CD,convidado pola Unidade Veciñal Olmo en Pontedeume.
O Evento terá comenzó ás 20.30 horas, ca proxección do video promocional do tema incluído no Cd “Eume”, composto tras o devastador incendio que sufriu o parque natural das Fragas do Eume o pasado ano.Posteriormente haberá unha pequena actuación do grupo de Cantareir@s da Asociación, na que se interpretarán algún dos temas recollidos no disco, pero de xeito tradicional acompañados polas pandeiretas e pandeiros.