ORBALLO participa, un ano máis, no Concurso de Maios do Concello de Pontedeume

Mayos 2013

O pasado día 1 de Maio, os alumn@s da nosa escola de baile participaron no Concurso de Maios que cada ano celebra o Concello de Pontedeume, presentando dúas figuras de Maio, que respondían aos nomes de “Malhao” e “Terra”. O concurso consiste na elaboración de figuras de maio tradicional feitas totalmente con vexetación, coa finalidade segundo marca a tradición, de celebrar a chegada da primaveira.

Os alumn@s de A.F.C. ORBALLO, interpretaron unha canción que facía alusión a tal celebración, acompañados polo cuarteto de gaitas da asociación.

Dende a Asociación queremos dar o noso máis sincero parabén a tod@s @s nos@s alumn@s, polo seu esforzo e dedicación, sen esquecernos do resto das asociacións participantes polo traballo realizado.

This entry was posted in Actividades lúdicas. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

HTML tags are not allowed.