O pasado sábado 15 de Setembro, parte do grupo de cantareiras de Orballo, foron convidadas a cantar pola asociación de Coros e Danzas de Santander en Santiago de Compostela, con motivo dunha voda.
O enlace celebróuse na Igrexa de San Francisco, e para sorpresa dos noivos, no momento da ofrenda, as cantareiras de Orballo interpretaban “Os cantos de Monzo”, mentres que compoñentes de Coros e Danzas de Santander facían a ofrenda.
O remata-la cerimonia, no adro da Igrexa, o grupo de Santander tiña preparada unha muiñeira que aprenderon só para esta ocasión , na que as Cantareiras de Orballo acompañaron ca pandeireta.
Foi unha actuación distinta que tivo moi boa acollida, por eso dende o noso espazo queremos dar as grazas o Grupo de Santander por contar ca nosa asociación nesta iniciativa, que resultou sen dúbida , cando menos orixinal.
Más fotos pulsando aquí
Muchisimas gracias compañeros!!!! Los novios quedaron encantados y nosotros muy agradecidos.