Orballo no XXV Festival Internacional do Folclore de Pontedeume

IMG_5454O pasado 3 de Agosto,tivo lugar na vila de Pontedeume o XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DO FOLCLORE DE PONTEDEUME, organizado pola Asociación Folclórica e Cultural Orballo.

O evento, situouse en esta edición na Praza de San Roque (Praza da Calzada).Como participantes, ademáis do grupo anfitrión, visitáronos grupos de Osmk (Siberia), Colima(Mexico) e Ronda (Málaga).

Pasadas as 19.30 horas comenzaba o desfile polas rúas da vila , pasando pola Praza Real, onde incorporáronse ó desfile, as parellas representantes de cada grupo, que foron recibidos no Concello de Pontedeume, pola corporación municipal.

Chegados o lugar do evento e pasadas as nove da noite, comenzou o Festival, onde cada un dos grupos participantes puido demostrar a súa destreza nos cantos e bailes tradicionais de cada país.

Para finalizar, realizóuse unha entrega de agasallos para que puideran ter un recordo do seu paso pola Vila de Pontedeume e polo Festival Internacional do Folclore de Pontedeume.

Podes ver a reportaxe fotográfica en http://www.orballo.org/?page_id=78&album=5&gallery=21&lang=gl

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.