Fin de Curso en A.F.C. Orballo

Excursión a TaramundiO pasado fin de semana  celebramos O FIN DE CURSO EN ORBALLO.

O Sábado 16, tódolos alumnos/as da escola da nosa asociación, reunidos no local de ensaio, amosaron o seu bó facer, nas diferentes modalidades de actividade que se desenrólan na nosa Escola: Baile Tradicional, Gaita,Pandeireta e Canto Tradicional, . O evento comezou ás seis da tarde,onde tras a actuación, fíxoselles entrega dun diploma polo esforzó realizado ó longo do curso.

O Domingo 17,puidemos disfrutar dunha Excursión a Taramundi con tódolos alumn@s da escola. No pobo, puidemos visitar dous museos:

 

  • “Museo do Telar”
  • “Museo delos Molinos”- “Mazonovo”

No primeiro deles, puidemos comprobar todo o proceso de elaboración natural de prendas con telas de liño, dende a recolleita da pranta, o peinado e mazado do liño, a fia, e a posterior confección de teas, fabricadas nun tear antigo.

En “Mazonovo” puidemos disfrutar do proceso de funcionamento dun antigo muiño de auga. @s nos@s alumn@s asistiron previamente  á proxección dun video explicativo sobre o funcionamento do muiño, e posteriormente puidérono comprobar por eles/as mesmos/as. Ao longo da visita, existen partes interactivas, onde se pode accionar  as distintas partes do muiño, así como tamén puidemos comprobar o proceso de elaboración natural da fariña, dende que se engade o grao de cereal, ata convertirse en fariña .

A experiencia foi moi gratificante. Grazas a tod@s polo interese amosado.

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.