A.F.C. Orballo organizes the XXIX “Día da Muiñeira” in Pontedeume

O pasado Domingo 3 de Xuño, celebróuse no paseo Marítimo de Pontedeume a vixésimo novena edición do Día da Muiñeira en Pontedeume.

No acto participaron un total de dez asociacións procedentes de distintas partes da provincia. Comezou ás 17.30 horas cun desfile que partiu dende a Alameda de Raxoi, e continuou polas principales rúas da Vila Eumesa, ata chegar o lugar da celebración do evento, o paseo marítimo.

O acto estivo presentado polo noso compañeiro Roberto Fernández, e nesta edición contamos como pregoeiro con D. Xosé Temprano Castro, gaiteiro dos ”Tempranos de Eirís” e amante da cultura tradicional e o folclore. Unha vez alí concentrados, todos os grupos participantes, baixo o son da Banda de Gaitas de Orballo, bailaron de seguido, tres muiñeiras. Para finalizar o acto, o grupo máis pequeño da Escola de A.F.C ORBALLO, fixo entrega dun agasallo a cada un dos  grupos participantes.

A vistosidade que ten este acto, fixo que a Televisión de Galicia,  en concreto o programa “Vai de Troula”, mostrara interés no mesmo, facendo unha gravación  de todo o que aconteceu. O programa será emitido o vindeiro Domingo día 10 de Xuño, ás 22.00 horas na TVG.

Dende este espazo queremos mostrar  o noso agradecemento ós reporteiros do programa, Borja e Bernardo, polo cariño e esforzó con que trataron  o acontecemento.

Dende a Xunta Directiva desta asociación queremos dar as grazas a tódolos compoñentes da asociación, amig@s e familiares por facer que cada ano  traballemos con máis ilusión para seguir amosando unha pequeña  parte da nosa cultura:

“A MUIÑEIRA.” ,baile tradicional Galego por excelencia.

This entry was posted in Actuacións. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.