O pasado Venres 25 de Maio, un grupo de baile da Escola de A.F.C. ORBALLO actuou na Gardería Municipal de Pontedeume.
O evento comezou ás 19.00 horas, onde os máis pequenos puideron disfrutar da música e o baile tradicional que os nenos e nenas da nosa escola interpretaron.
Queremos amosar, dende aquí o noso agradecemento á Gardería municipal, polo feito de que cada ano lembren á nosa Asociación para tentar que os seus alumn@s váianse familiarizando co son e o ritmo da música Tradicional Galega.