Concurso de Maios de Pontedeume 2012

“O pasado día 1 de Maio, os alumn@s da nosa escola de baile participaron no Concurso de Maios que cada ano celebra o Concello de Pontedeume, presentando dúas figuras de Maio, que respondían aos nomes de “Cruceiro” e “Asubío do Eume”. O concurso consiste na elaboración de figuras de maio tradicional feitas totalmente con vexetación, coa  finalidade segundo marca a tradición, de celebrar a chegada da primaveira.

Os alumn@s de A.F.C. ORBALLO, interpretaron unha canción que facía alusión a tal celebración, pola que foron  galardoados co cuarto premio do Concurso, por un valor de 100 €, onde tamén se valorou, ademais da interpretación, a composición vexetal da figura do maio “Asubío do Eume”.

Dende a Asociación queremos dar o noso máis sincero parabén a tod@s @s nos@s alumn@s, polo seu esforzo e dedicación, sen esquecérnos do resto das asociacións participantes polo traballo realizado.

This entry was posted in Actuacións. Bookmark the permalink.

One comment on “Concurso de Maios de Pontedeume 2012

  1. sandra on said:

    Una chulada de actuaciòn!!!!!!!!!muchas gracias!!!!!

Deixa una resposta a sandra Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.