Orballo e a festa dos Maios

Como cada ano, o día primeiro de Maio, na vila de Pontedeume, celébrase o tradicional Concurso de Maios. Todos os anos nesta exaltación da cultura tradicional Galega, a nosa asociación participa presentando dúas figuras de Maio tradicional, os cales son elaborados polos alumn@s da escola de baile.

A celebración consiste nun desfile polas rúas da vila Eumesa, ata chegar á Alameda de Raxoi, lugar de celebración do evento; onde todas as asociacións participantes, deben dar lectura ás coplas ou interpretar cancións de Maio. Cabe destacar que a idade máxima dos participantes alcanza ata os dezaseis anos.

Como legado da nosa participación, velaquí un fragmento dunha copla coa que os alumn@s da nosa asociación participaron en edicións anteriores:

“Pontedeume boa vila,
Conservando a tradición,
Celebra a festa dos Maios,
Sempre con moita ilusión”.

Festa dos Maios

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

HTML tags are not allowed.